CRTVG

Buscar

Un turismo envorca na autovía A-8 ao seu paso por Begonte

Publicado o 07/09/2020 14:10

Un accidente de tráfico provocou unha retención na autovía A-8 en sentido A Coruña.

O suceso produciuse no concello chairego de Begonte. Por razóns que se descoñecen, un turismo colidiu contra un camión de pensos e envorcou nun carril da autovía.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada. O condutor do coche, que quedou ferido leve, foi atendido no mesmo lugar do sinistro.

Noticias web

07/09/2020