CRTVG

Buscar

Un triunfo do Deportivo diante do Estremadura deixaría moi preto a permanencia

Publicado o 12/07/2020 10:25

O Deportivo non quere agardar máis. Un triunfo case aseguraría a permanencia. E a primeira oportunidade e mañá en Riazor ante un Estremadura xa descendido. Terá que ser sen Peru, de baixa por ennfermidade, e os mancados Salva Ruiz e Uche Agbo. E con Fernando Vázquez na bancada logo do acontecido na Rosaleda.

Vazquez sancionado e no banco rival o coruñés Manuel Mosquera, que avisa: "O domingo imos ir a presionar arriba ao Deportivo. Imos roubarlles o balón e imos intentar gañar nese campo. Máis aló de que sexa Coruña, de que necesiten ou non necesiten, o que non facemos os xogadores, o club, nin eu é valorar a situación do Deportivo ou a dos demais".

Confianzas as xustas. O obxectivo está preto, pero un tropezo complicaría e moito a situación do Deportivo.

Noticias web

12/07/2020