CRTVG

Buscar

Un tren leva por diante un coche e as dúas ocupantes saen ilesas

Publicado o 03/10/2019 20:51

Así quedou o coche en que viaxaban as dúas profesores, na vila de Quintana, en Llanes. Eran as nove da mañá. As dúas mulleres ían ao colexio para dar clases e pararon neste paso a nivel sen barreiras. Nese momento, un tren de mercadorías levou por diante a dianteira do coche.

"Parou para mirar a ver se viña o tren e nada máis asomar o morro un pouquiño foi o pum, non sentimos nin o pitar nin nada e levouno por diante".

"Mala visibilidade, si, polo menos para ir para alí, tes que asomar moito o morro do coche para poder ver ben se vén o tren e, claro, se asomas o morro e vén o tren pois lévate por diante. Grazas a Deus que tirou o muro e meteuse o coche para a horta, pero se chega a ser un muro maior non o contan, é que isto é unha cousa moi seria e teñen que tomar medidas xa".

O coche quedou encaixado contra o muro entre a vía e a horta. As dúas mulleres saíron ilesas, pero unha delas está embarazada e foi trasladada ao hospital para facerlle máis probas.


 

Noticias web

03/10/2019