CRTVG

Buscar

Un tren atropela unha rapaza de 14 anos en Illescas

Publicado o 03/03/2019 21:15

A Garda Civil investiga a morte dunha rapaza de catorce anos que foi atropelada por un tren en Toledo. A hipótese principal dos investigadores, baseada en varios testemuños, apunta a que a falecida e dous amigos estaban facendo fotografías na vía.

A nai e a irmá da falecida, de 14 anos, tiveron que ser atendidas polo equipos de intervención psicolóxica no propio lugar do accidente. A familia da vítima, que morreu no acto, vive a algo menos de cen metros da estación de Illescas. Segundo o ABC, a menor e dous amigos estaban facendo fotos dentro da vía e ela foi a única á que non lle deu tiempo de esquivar o convoi que cubría o traxecto Estremadura-Madrid.

Manuel Tofiño, alcalde de Illescas: "Os comentarios que temos é que había tres persoas e que parece ser que estaban facendo fotos, pero aínda non temos confirmación de que fosen tres ou máis persoas nin que estivesen facendo fotos. Iso é o que nos dixeron e polo de agora temos que crer esta versión, porque ao seren diferentes as versións que hai, preferimos non adiantar ningunha versión oficial".

A Garda Civil trata de esclarecer, coas imaxes das cámaras, e coas declaracións das testemuñas, como e por que sucedeu o atropelo. O tráfico ferroviario estivo pechado máis de tres horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019