CRTVG

Buscar

Un tremor de terra deixa cando menos catro mortos nas Filipinas

Publicado o 16/12/2019 10:41

Un terremoto de 6,8 graos de magnitude sacudiu este domingo a illa de Mindanao, no sur de Filipinas.

Hai polo menos catro persoas mortas, entre elas unha nena de seis anos que non puido escapar da súa casa antes de que se derrubase. As outras tres morreron ao virse abaixo un mercado de tres plantas.

É o terceiro terremoto en Mindanao en menos de dous meses. A finais de outubro, dous tremores ocasionaron a morte de 21 persoas e deixaron máis de catrocentras feridas e 30.000 evacuadas das súas casas.

Noticias web

16/12/2019