CRTVG

Buscar

Un tramo dunha ponte en Santiago segue sen valar meses despois de que dúas mulleres caeran ás vías do tren

Publicado o 26/02/2020 13:33

A ponte de San Lázaro é lugar de paso tanto para peregrinos como para os viandantes que baixan dende o Monte do Gozo cara a Santiago. A mediados do pasado mes de xullo, vindo dun concerto, dúas veciñas de Santiago caeron por un oco da ponte que non tiña varanda e que dá directamente ás vías do tren.

Hoxe, máis de sete meses máis tarde, a situación continúa case igual. A novidade é que a maleza que medrara ao carón da ponte foi cortada, polo que agora o risco aínda é maior no caso de que haxa unha caída.

O oco sen varanda está sinalizado soamente cunhas cintas de plástico e cunha fina corda. A situación agrávase para os viandantes que camiñan de noite e para os que o fan en días de mal tempo.

Coa chegada dos meses de primavera, prevese o aumento do número da peregrinos, polo que cómpre extremar a precaución neste tramo da entrada a Compostela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2020

Máis sobre Santiago de Compostela