CRTVG

Buscar

Un tráiler cruzado en ambos carrís provoca o corte da autovía das Rías Baixas

Publicado o 14/07/2020 18:36
Un tráiler cruzado en ambos carrís provoca o corte da autovía das Rías Baixas

Accidente este mediodía na A-52, a autovía das Rías Baixas, pouco despois da saída cara a Allariz.
Un camión quedou cruzado na estrada, no punto quilométrico 209, e obrigou a cortar temporalmente a circulación en ambos carrís en sentido Madrid. O tráfico tivo que ser desviado pola nacional 525 ata que se puido trasladar o vehículo, de gran tonelaxe. Por fortuna e a pesar de que o accidente foi aparatoso, non que lamentar danos persoais.