CRTVG

Buscar

Un terremoto en Granada de 4,4 graos deixa un ferido leve e numerosos danos en edificios

Publicado o 23/01/2021 20:49

A provincia de Granada sufriu desde o mércores pasado unha ducia de terremotos, o último este mediodía. O sismo, dunha magnitude de 4,4 graos, tivo o seu epicentro no municipio de Santa Fe. Deixaba un ferido leve e numerosos danos en edificios. 

Ás doce e cuarto do mediodía, a terra volvía tremer en Granada. Xa o fixera onte á noite, e unha ducia de veces desde o mércores. O sismo de magnitude 4,4 con epicentro na localidade granadina de Santa Fe duraba pouco pero o suficiente para causar danos e algún que outro susto. Sentíase con forza na capital da provincia e nos municipios próximos.

Houbo máis de 75 incidencias:
Danos en fachadas, no interior de vivendas... Deixaba tamén a mercadoría dos supermercados polo chan.
Dúas estudantes galegas contáronnos como o viviron

Carmela Vieites e Antía Piñeiro:
"Eu estaba estudando e comezou a tremer todo, o chan, as paredes, durou uns 15 segundos, metinme en Twitter e xa vin que fora un dos terremotos máis fortes dos últimos anos"
"Eu estaba a falar con meus pais por teléfono, estaba apoiada nunha mesa e notei que comezaba a tremer moito, tamén as paredes, as plantas, a sorte é que por sorte non nos rompeu nada"

O tremor deixaba un ferido leve: un veciño de Atarfe ao que lle caía parte da cheminea da súa vivenda, tamén quedaba danado, en Santa Fe, un arco histórico dun Ben declarado de Interese Cultural dese hai tres décadas.

Noticias web

23/01/2021