CRTVG

Buscar

Un terremoto de magnitude 6 sacode a illa de Creta

Publicado o 27/11/2019 09:34
Un terremoto de magnitude 6 sacode a illa de Creta

Un terremoto de magnitude 6 na escala de Richer sacudiu o noroeste da illa grega de Creta, segundo acaba de informar o Centro Sismolóxico Euromediterraneo (ESMC)

Segundo os datos do ESMC, o sismo tivo lugar a 56 quilómetros de profundidade, entre as illas de Creta e Kythera. De momento non hai informacións relativas a feridos.