CRTVG

Buscar

Un taxista agride un cliente tras expulsalo do coche nas Palmas de Gran Canaria

Publicado o 25/02/2019 19:10

Denuncian un taxista nas Palmas de Gran Canaria por agredir un cliente. O denunciante ía coa súa muller e un cativo de tres anos.

Segundo parece, o pequeno púxose de xeonllos sobre o asento e foi nese momento cando o taxista os botou do coche de "moi malos modos", di o cliente, e comezou a darlle patadas e empurralo. A muller quixo entrar noutro taxi, pero o condutor negouse a recollela tras ver a liorta. O agredido denunciou o sucedido na comisaría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019