CRTVG

Buscar

Un sobriño neto de Antonio Machín busca os seus antepasados en Ourense

Publicado o 18/08/2019 18:10

Temos escoitado que as redes sociais son moi útiles á hora de atopar xente que hai tempo que non vemos. Alfonso Lugus de León vive en Miami e decidiu investigar os antecesores da súa familia aproveitando internet. Atopounos en Galicia, nalgún lugar da provincia de Ourense sen definir. Un caso de especial notoriedade porque estamos a falar do pai do rei dos boleros, Antonio Machín.

A finais do século dezanove, saía dunha aldea de Ourense José Lugo Padrón camiño de Cuba. Como tantos emigrantes buscou a súa subsistencia lonxe de Galicia. Alí coñeceu a Leoncia Machín, unha mulata coa que formaría a familia que estamos a ver. E nesas fotos descubrimos a Antonio Abad Lugo Machín, o rei dos boleros.

O sobriño neto de Machín busca desde hai anos as orixes galegas do seu bisavó e foi no seu contacto coa Secretaría Xeral da Emigración cando atopou a visibilidade necesaria para seguir tirando do fío. 

A investigación continúa, na busca do apelido Lugo nalgún lugar da provincia de Ourense.

 Correo electrónico de contacto lugusdeleon@gmail.com

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019