CRTVG

Buscar

Un sismo de magnitude 3.3 sacudiu a costa noroeste da Coruña esta madrugada

Publicado o 13/06/2020 11:01
Un sismo de magnitude 3.3 sacudiu a costa noroeste da Coruña esta madrugada

Un tremor de magnitude 3.3 graos na escala de Richter, que mide as intensidades do 1 ao 10 afectou esta madrugada a costa galega con epicentro baixo a auga ao norte das costas de Malpica na Coruña.

De acordo cos datos do Instituto Xeográfico Nacional, o sismo rexistrouse ás 2.00 da mañá a unha profundidade de 15 quilómetros e a unha distancia de 47 quilómetros do punto máis próximo en terra, o cabo de Santo Adrián de Malpica. Xa o xoves os concellos ourensáns de San Cibrao das Viñas e Barbadás rexistaron tamén de madrugada dous terremotos cunha intensidade de 2.4 graos.