CRTVG

Buscar

Un santiagués de 10 anos, campión de España de karting

Publicado o 23/10/2019 21:46

Os seus primeiros pasos no kart foron cando tiña só tres anos. E sete anos despois fíxose en Zaragoza co título de Campión de España.

A Hugo o da velocidade vaille no sangue. O seu pai foi piloto de carcrós, o seu irmán pequeno Roi tamén corre e, casualidade ou non, cando era moi pequeniño Papá Noel tróuxolle un kart.

Personalidade abonda, da Fórmula 1 Hugo ten claro quen lle gustaría ser. E non, non é Fernando Alonso.

Sexa como sexa, a Hugo, bo estudante e bo piloto, quédanlle tanto na vida coma nos circuítos todas as carreiras por correr.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019