CRTVG

Buscar

Un San Xoán distinto co menú de sempre

Publicado o 23/06/2020 15:32

Entre tanto cambio obrigado para este atípico San Xoán, hai unha tradición que resiste case case inalterable: a sardiñada. E a sardiña deste ano non é moita, pero si de calidade. E a prezo elevado: a 10 euros a mediana e a 15 a gordiña. Pero dende primeira hora voou das prazas de abastos. E tamén voou o pan e, ademais, voou o churrasco. Porque a xente mantén o desexo de xuntarse na noite máis curta, aínda que será distinto. 

Noticias web

23/06/2020