CRTVG

Buscar

Un restaurante organiza un curso de cociña sen glute, unha demanda en aumento

Publicado o 25/05/2019 23:24

Asistimos hoxe a unha clase práctica de cociña sen glute co gallo da celebración, o 27 de maio, do Día Nacional do Celíaco. Un restaurante compostelán ofrece receitas adaptadas para eles. Calcúlase que seis de cada 10 doentes están sen diagnosticar.

Barriñas e bólas de froitas, chocolate branco e framboesa liofilizada. É unha das receitas que Yolanda vai  elaborar na clase de cociña sen glute organizada polo restaurante A Curtidoría en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia.

A Curtidoría leva máis dunha década ofrecendo pratos sen glute. Foi o primeiro restaurante galego en pedirlle asesoramento á asociación de celíacos e na actualidade o 80 por cento da súa carta está adaptada.

Cada vez son máis os locais que ofrecen pratos sen glute pero aínda hai poucos. A Asociación de Celíacos de Galicia reclama unha maior sensibilidade con este problema. Entre os seus cabalos de batalla está o sobreprezo dos produtos e a contaminación cruzada, é dicir, a preparación de pratos celíacos con utensilios sen esterilizar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019