CRTVG

Buscar

O restaurante Alberto, de Lugo, galardoado co Premio Nacional de Hostalería

Publicado o 23/10/2019 14:41

Ano 89, o restaurante de Alberto era o encargado de servir o xantar na visita do papa Xoán Pablo II, a instantánea dese dia presidente a parede dos recordos do seu establecemento. Son moitas as experiencias vividas a fronte do seu negocio que abria as súas portas no 1975. Unha carreira de fondo en que se iniciaba con só 13 anos.

Así o contaba Alberto García: "De lavalouzas e enchendo os filtros do café. Vin que se traspasaba e aí comezou a miña aventura. O que máis me gusta é o trato coa xente".

Na cociña e entre as mesas do comedor xogaban os seus fillos, que agora colleron a remuda e dirixen o negocio, agora cun toque innovador pero sen perder a esencia da tradiccion.

Así o explicou Alberto García, fillo do fundador do mesón: "Nós somos un restaurante de cociña tradicional, en que primamos a calidade do produto".

Acaban de ser recoñecidos co Premio Nacional de Hostalería, que se suma a outros acadados, como a Medalla de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019