CRTVG

Buscar

Un proxecto de investigación deseña unha aplicación sobre a fertilización dos viñedos

Publicado o 12/08/2020 20:53

Para desenvolver un protocolo de fertilización no proxecto Ferviña están a estudar 60 parecelas das cooperativas Viña Costeira, no Ribeiro, e Paco e Lola nas Rías Baixas. Analizan o solo, as follas da planta, as uvas antes da vendima e os mostos.

Unha diagnose das necesidades de fertilización dos viñedos para ser máis eficientes, oforrar custes económicos, pero tamén medioambientais evitando o uso innecesario de fertilizantes.

O proxecto que vai polo segundo ano de investigación, aplica as novas tecnoloxías á viticultura, e rematará coa creación dun sistema integrado de fertilización.

Está aplicación informática será deseñada pola Universidade de Santiago e estiman que permitirá aforrar unha terceira parte do que gastan en fertilizantes. Podería supor 4,3 millóns de euros, só nos viñedos amparados polas cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas.

Noticias web

12/08/2020