CRTVG

Buscar

Un preso causa un incendio no cárcere da Lama

Publicado o 24/07/2020 09:59

Un preso perigoso do cárcere da Lama incendiou dúas celas e feriu tres funcionarios. Segundo o relato dos representantes dos traballadores, o interno presuntamente provocou un incendio na súa cela, rompeu o televisor e empregou anacos de cristal para ameazar os funcionarios. Só sete horas máis tarde, o mesmo preso provocou un novo incendio, que causou unha fumareda importante ao queimar o colchón. Na saída ao patio, o home comezou a golpear o detector de metais que había no corredor. Foi aí cando interviñeron os tres funcionarios que quedaron feridos.

Os representantes dos traballadores reclaman máis persoal para afrontar estas situacións.

Noticias web

24/07/2020