CRTVG

Buscar

Un portugués que ía traballar a Madrid entrega unha carteira con máis de 800 euros nun control da Garda Civil

Publicado o 26/05/2020 15:25

Curiosa historia derivada dun control de estrada da Garda Civil na autovia A-52.
Os axentes despregados na vía á altura da Gudiña déronlle o alto a un condutor con matrícula portuguesa. Ao non estar autorizadas as viaxes sen xustificación, comprobaron que se trataba dun desprazamento laboral a Madrid, pero cando xa o deixaban seguir camiño, o home entregoulles algo que atopara nunha área de servizo e que se dispoñía a depositar na comisaría da Policía Nacional en Ourense: unha carteira con nada menos que 890 euros en efectivo, pero sen documentación ningunha. A Gardia Civil investiga agora a procedencia deses cartos para localizar o seu propietario.

Noticias web

26/05/2020