Un policía local de Xinzo queda ferido polo atropelo dun condutor que deu positivo en alcol e cocaína
Publicado o 26/02/2020 14:31
En Xinzo, un policía local quedou ferido onte vítima dun atropelo. O condutor, de 23 anos, deu positivo en alcol e cocaína. Estaba conducindo de forma temeraria pola zona urbana e a policía deulle o alto. Fuxiu e houbo unha persecución polo centro da vila. No intento de fuxida atropelou o axente, que foi atendido no hospital por feridas leves nunha perna. Finalmente, conseguiron deter o condutor. No interior do coche levaba outra denuncia por positivo en alcol e drogas, nunha proba realizada dous días antes.