Un párroco de Ponteareas anima os fregueses con cancións que lles envía por Whatsapp
Publicado o 01/05/2020 21:52
Encargado de sete parroquias do Condado, Clodomiro Ogando, arranca a xornada cunha mensaxe de ánimo que dedica cada día a un colectivo.
O saúdo vai seguido de cancións que el mesmo se encarga de interpretar. O obxectivo permacer en contacto cos seus fregueses e arrancarlles un sorriso.
A sorpresa foi que os seus vídeos traspasaron fronteiras. Os seus fegreses mesmo lle fan peticións e Clodomiro xa prepara novos retos.
Di que seguirá mantendo este fío de esperanza ata que remate o confinamento cando por fin poida volver reunirse cos seus fregueses.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 16:34