CRTVG

Buscar

Un paciente sae da UCI tras 125 días ingresado no Hospital de Terrassa

Publicado o 22/07/2020 21:02

Emotivas imaxes do persoal sanitario que traballa no Hospital de Terrassa, en Barcelona. Con estes sentidos aplausos despediron a Raúl Romero, un paciente que sobreviviu á COVID-19 tras pasar 125 días ingresado na UCI. Ata berraron o seu nome e foron dándolle a man segundo pasaba polo corredor camiño da saída. E non é para menos, despois de catro meses loitando contra o coronavirus.

Noticias web

22/07/2020