CRTVG

Buscar

Un novo test do CSIC ten unha fiabilidade superior ao 98%

Publicado o 07/07/2020 17:14

En mes e medio estará dispoñible unha proba nova para loitar contra o coronavirus. É un test serolóxico, deseñado por científicos españois, que permitirá detectar a inmunidade que ten a xente fronte á Covid-19. Xa a probaron en varios hospitais madrileños e din que ten unha fiabilidade do 98 por cento.

Os primeiros tests fabricados coa tecnoloxía do CSIC chegarán aos hospitais en mes e medio. Esta proba española de anticorpos ten unha fiabilidade superior ao 98%.

A chave está nunha das proteínas que se analizan neste test e coa que nunca se experimentara.

A empresa española Inmunostep fabricará ata 14.000 kits diarios deste test con estas condicións.

Esta tecnoloxía tamén se producirá noutros formatos como o test rápido. O CSIC destaca os resultados da colaboración público-privada, e agradece os máis de 12 millóns de euros de doazóns para o financiamento dos seus proxectos de investigación.

Noticias web

07/07/2020