Un neno queda ferido grave tras caer dun terceiro andar
Publicado o 03/03/2019 21:19

Un neno de cinco anos permanece ingresado nun hospital de Toledo, tras caer desde un terceiro andar. Ocorreu este mediodía, nunha vivenda de Valdepeñas, na provincia de Cidade Real. O neno precipitouse ao baleiro, probablemente de forma fortuíta, tal e como sinalou un voceiro da Policía Local.
Foi trasladado nun primeiro momento nun helicóptero medicalizado ao hospital da localidade e posteriormente ao hospital de Toledo. O meniño permanece ingresado na UCI pediátrica en estado grave.
Máis sobre Sucesos
01/03/2021 17:01
01/03/2021 15:38
01/03/2021 15:26