CRTVG

Buscar

Un neno de tres anos encargouse de prender o alumeado do Nadal na Coruña

Publicado o 30/11/2019 09:57

A Coruña estrea o Nadal co acendido das luces que celebrou este venres, na Praza de María Pita.
Comezou arredor das sete e media da tarde e os nenos foron os protagonistas desta cita, que contou cun espectáculo audiovisual durante o que se proxectou un video-mapping sobre a fachada do palacio municipal . Foi "A estrela da ilusión" un conto protagonizado por unha nena que percorre a cidade este Nadal, acompañada de seu pai.
O encargado de acender os 2.600.000 puntos de luz led que adornarán a Coruña durante estas festas
foi un neno de tres anos, elexido ao azar.
Os cativos que quixeron participar deberon facer un debuxo e entregalo cos seus datos persoais.
Así pois, na Coruña xa é Nadal esta fin de semana


 

Noticias web

30/11/2019