CRTVG

Buscar

Un neno de Lugo denuncia nas redes as barreiras arquitectónicas

Publicado o 28/10/2019 21:05

Unha vasculite nerviosa progresiva fixo mudar, hai pouco máis dun ano, a vida de Alejandra e a súa familia.

No seu día a día comezaron a atoparse con numerosas barreiras arquitectónicas e o seu fillo, de só dez anos, está botando man das redes sociais e da súa ampla difusión para ir pouco a pouco denunciando o que ven a través dun perfil de Instagram chamado Accesibilizando.

Agora, pasiño a pasiño, agardan que as súas reivindicacións teñan resposta por parte das administracións en forma de obras de mellora.


 

Noticias web

28/10/2019