CRTVG

Buscar

Un neno con parálise cerebral experimenta co 'skateboarding'

Publicado o 24/10/2019 14:49

É a cara de felicidade de João Vicente, un neno brasileiro de sete anos con parálise cerebral, que conseguiu facer realidade un dos seus soños. Quería practicar skateboarding, e sentir as sensacións que ofrece este deporte.

Logrouno grazas a unha plataforma especial adaptada á súa mobilidade. Un dispositivo con rodas e catro arneses que o suxeitan e lle rodean a cintura. E que lle permite subir e baixar as ramplas da pista de skate.

A iniciativa desta nai contou co apoio de Skate Anima, un proxecto social posto en marcha por dous mozos brasileiros, no que, ao igual que a João Vicente, axudan a persoas con discapacidade motriz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019