CRTVG

Buscar

Dous feridos por accidentes de tractor, nun monte de Lalín e un ciclista en Sarria

Publicado o 10/08/2019 20:54
Dous feridos por accidentes de tractor, nun monte de Lalín e un ciclista en Sarria

E falámoslles agora de accidentes de tractor. Desta volta en Lalín, onde un mozo foi evacuado en helicóptero ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago despois de ser atropelado por un tractor nunha zona de monte, concretamente no lugar de Sestelo. Sucedeu a primeira hora desta mañá, entorno ás 8:30 horas, foi un particular quen avisou de que había un mozo ferido grave tras ser alcanzado por un vehículo agrícola. Mobilizouse entón un helicóptero medicalizado para trasladar ao rapaz, que, pese á gravidade das lesións, atopábase liberado e accesible. Axentes da Garda Civil e da Policía Local foron alertados polo 112 Galicia co fin de aclarar as circunstancias do suceso.

E pola tarde, en Sarria, na LU-633 á altura de Fontao, un vehículo agrario atropelou un ciclista que circulaba xunto outros compañeiros. Está ferido leve.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2019