CRTVG

Buscar

Un mozo vigués pasa oito anos pechado no cuarto polos videoxogos

Publicado o 03/03/2020 13:27

Alcol, drogas e a adicción aos videoxogos en liña están a motivar un aumento de conflitividade nas familias. Agrávase máis cando os afectados son mozos maiores de idade e os seus pais non teñen control sobre eles. Isto coñécese como illamento social agudo e en Vigo remítense á fiscalía dez casos ao mes. Un deles foi o duns pais que acudiron á Oficina de Atención ás Vítimas porque o seu fillo era adicto aos videoxogos e estivo oito anos pechado no seu cuarto. Só saía para coller alimentos.

Moitos dos pais están desesperados e non saben que facer cos seus fillos nin como resolver a situación de conflitividade. Unha da solucións que atopan, pero que non é definitiva, é o internamento involuntario.

Os internamentos involuntarios teñen que ser ordenados polos xuíces de familia. O ano pasado aprobáronse 669 en Vigo.

Noticias web

03/03/2020