CRTVG

Buscar

Un mozo de Vigo organiza un bingo para os seus veciños

Publicado o 27/03/2020 20:59

Continúan as ideas entre as comunidades de veciños para pasalo ben durante o confinamento e fíxense na idea que tivo un veciño en Vigo. Organizou un bingo onde participaron os veciños de varios edificios da rúa Zamora. Non faltou de nada porque a xente que quería xogar, recollía os cartóns nunha panadería que mesmo doou unha empanada para o gañador. O bingo tamén se retransimitiu por Instagram.

Noticias web

27/03/2020