CRTVG

Buscar

Un mozo crea unha web para atopar o seu piso cun prezo razoable

Publicado o 10/05/2020 16:46

Alejandro traballa nunha axencia de marketing así que tirou dos seus coñecementos para crear unha páxina web sinxela, sobria e directa para atopar o piso que quere alugar. Ofrece un perfil de inquilino de confianza, e busca unha vivenda axeitada fronte aos prezos abusivos que estaba atopando.

O prezo das vivendas en alugueiro volveu subir en Galicia en 2020. E A Coruña é a capital galega máis cara, segundo os informes de diferentes plataformas inmobiliarias. Porén, os expertos prognostican un descenso nestes prezos obrigado pola crise do coronavirus.

Alejandro tivo sorte, ou premio ao seu traballo: grazas á súa web atopou o que buscaba, un apartamento por menos de 340 euros.

Ademais, a súa idea tivo consecuencias inesperadas: contactouno xente que tamén busca piso, e el está disposto a trasladarlles as propostas que lle cheguen. Espera que tamén a repercusión da iniciativa sirva para que o mercado de alugueiro sexa máis xusto e razoable.

Noticias web

10/05/2020