Un morto nun tiroteo contra os participantes dunha marcha antirracista en Kentucky
Publicado o 29/06/2020 08:59
E nos Estados Unidos, un tiroteo indiscriminado contra os participantes nunha concentración antirracista deixa unha persoa morta e otra ferida.
Un individuo que camiñaba pola beirarrúa abriu fogo contra as persoas acampadas nun parque de Lousville, en Kentucky. Os tiros alcanzaron mortalmente polo menos un dos manifestantes que corrían para poñerse a cuberto.
Os acampados protestaban pola morte de Breonna Tyler, unha moza negra que recibiu oito balazos nunha operación policial antidroga hai tres meses.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49