CRTVG

Buscar

Morre un tripulante dun remolcador tras envorcar a embarcación en Marín

Publicado o 13/11/2020 15:18

Un tripulante da embarcación de prácticos do porto de Marín faleceu este venres tras producirse un envorco. Segundo informa Salvamento Marítimo, a embarcación de prácticos, chamada 'A Gaivota', que dá asistencia non porto envorcou con tres tripulantes a bordo.

Co golpe, o falecido quedou atrapado e foi necesaria a actuación dos mergulladores para sacar o corpo do mar. As outras dúas persoas foron rescatadas con vida. Pouco despois a xuíza decretaba o levantamento do cadáver. Polo momento descoñécense as causas do sinistro marítimo.
 .