CRTVG

Buscar

Un morto e nove feridos nun ataque con coitelo en Lyon

Publicado o 31/08/2019 19:12
Un morto e nove feridos nun ataque con coitelo en Lyon

Polo menos unha persoa morreu e outras nove quedaron feridas nun ataque perpetrado cun coitelo nunha estación de metro en Villeurbanne, preto de Lyon (leste de Francia). Unha persoa foi detida en relación cos feitos, sinalaron os medios franceses, que engadiron que todas as hipóteses sobre a natureza do ataque están abertas, incluída a pista terrorista. A vítima mortal sería un mozo de 19 anos. Hai tres feridos de gravidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí