CRTVG

Buscar

Un morto e cinco intoxicados leves no incendio dunha vivenda en Madrid

Publicado o 20/05/2020 13:28

Un home de 61 morreu no incendio rexistrado na súa vivenda do barrio madrileño de Villaverde. Outros cinco veciños quedaron feridos leves por inhalación de fume. O lume comezou pouco antes das seis e media da mañá nunha vivenda do terceiro andar deste edificio do barrio madrileño de Villaverde.

A vítima mortal é un dos inquilinos do piso sinistrado, un home de 61 anos, ao que os sanitarios do servizo de emerxencias non conseguiron reanimar.

O seu compañeiro de piso, de 73 anos, sobreviviu grazas á rápida intervención dun veciño.

"Vin un home dicindo quéimome, quéimome. Subín correndo, empecei a golpear a porta como puiden, coas pernas, para intentar sacalo, pero non o conseguín. Entón saquei o veciño do lado, que é un home discapacitado, que non se pode mover da cama, saqueino e xa os demais veciños foron baixando pouco a pouco".

Outras catro persoas quedaron feridas leves por intoxicación de fume.

O lume destruíu completamente a vivenda e agora os bombeiros tratan de determinar como se orixinou.

Noticias web

20/05/2020