CRTVG

Buscar

Un home abatido a tiros no Eixample, en Barcelona

Publicado o 17/05/2019 21:30


Un tiroteo a plena luz do día no barrio do Eixample en Barcelona, deixa un morto con varios impactos de bala. Aconteceu contra as dúas do mediodía nun ático de aluguer. Tras os disparos, o agresor fuxiu do lugar correndo polas escaleiras, e agora os mossos investigan se pode tratarse dun axuste de contas por tráfico de drogas. Polo momento desconécese a identidade do falecido, mentres os axentes da policía científica xa interrogaron os veciños e fixeron rexistros na vivenda.


 

Noticias web

17/05/2019