CRTVG

Buscar

Un menor hospitalizado con queimaduras en Caspe logo de que lle botaran ácido

Publicado o 04/05/2019 21:42

A Garda Civil investiga un ataque con ácido a un menor na localidade de Caspe, en Zaragoza. O rapaz tivo que ser trasladado en helicóptero ao hospital con queimaduras de terceiro grao no nove por cento do seu corpo.

Un menor de 17 anos permanece ingresado, dende o venres, na UCI do hospital infantil de Zaragoza, con queimaduras de terceiro grao, logo de que un encarapuchado lle botara, supostamente, ácido na cara. A vítima, de orixe marroquí, foi atacada por alguén que presuntamente o seguiu logo de saír do instituto ata a porta da súa casa. Sucedía ao redor das tres da tarde, na localidade zaragozana de Caspe.

"O paciente foi rápidamente trasladado ao centro de saúde de Caspe, logo ao hospital de Alcañiz e máis tarde co helicóptero ao hospital Miguel Servet de Zaragoza, onde está ingresado na UCI. Sabemos que sofre queimaduras de terceiro grao, no nove por cento do seu corpo, que lle afectaron sobre todo a orella, o nariz, a boca, o pescozo e parte dun ollo, aínda que cremos que non vai haber ningún problema.

Ese mozo saíu ás dúas e media do instituto, do IES Mar de Aragón, ía directamente á casa con seu irmán, non hai máis. E ao entrar na súa casa, foi cando lle botaron o ácido. Non era ningunha pelexa, nin pasara absolutamente nada. El, segundo parece, deulle a entender ao seu irmán que alguén o seguía".

A Policía Xudicial da Garda Civil de Zaragoza investiga o caso.

Noticias web

04/05/2019