CRTVG

Buscar

Segue na UCI o mozo que caeu polo oco dun edificio en obras no Carballiño

Publicado o 18/03/2019 18:54

Foi contra as seis da tarde cando os servizos de urxencias recibiron a alerta. Un grupo de rapaces estaba neste edificio abandonado a carón da estación do tren. Foi daquela cando un deles caeu polo oco do ascensor, dende o segundo andar, a uns doce metros de altura. Protección Civil, 061, bombeiros e Policía Local colaboraron no rescate.

Na zona hai tres grandes edificios en construción abandonados dende hai uns dez anos. Non está permitido o acceso, pero os rapaces foron quen de entrar pola parte traseira da estación, xa que o valado está caído.

O rapaz ferido ten catorce anos e permanece ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Noticias web

18/03/2019