CRTVG

Buscar

Un mendigo canario acepta cinco euros por recibir unha labazada

Publicado o 19/11/2019 15:40

Ofrecéronlle cinco euros por recibir unha labazada e aceptou o trato. Despois do golpe, perdeu o coñecemento, pero el di que entón só pensaba nos cartos. Iso explicou o mendigo canario que protagonizou o último vídeo viral dunha agresión, esa preocupante tendencia da que tamén tivemos exemplos en Galicia.

Pedro. 35 anos. Vive na rúa e ofrecéronlle 5 euros por levar unha labazada. "Dicían que 5 euros por meterme un galletón, e pagáronmos. E metéronme un galletón. Perdín o coñecemento e a memoria, e xa está. Eu pensaba nos cartos, e xa está".

A cuestión é que pensaban os que lle deron eses cartos, ese golpe, esa penosa fama. Que pensan os que contribúen a esa fama, alertan os expertos: "Que a xente cando reciba un deses vídeos non o divulgue".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019