CRTVG

Buscar

Chega a Vigo o catamarán Hodor de asistencia a iates de luxo para unha posta a punto

Publicado o 08/10/2019 11:46

O catamarán Hodor, propiedade do multimillonario Lorenzo Fertitta, fai escala estes días en Vigo. Todo un luxo marítimo que chegaba á cidade olívica nas últimas horas. 

Este catamarán, que se construíu na planta de Burela do estaleiro Armón, distínguese do resto dos catamaráns de luxo pola súa funcionalidade, xa que se trata case dun garaxe flotante. Ten 67 metros e leva a bordo numerosos medios náuticos e terrestres, como un helicóptero na súa cuberta , e nas súas adegas transporta motos, quads, lanchas ultrarrápidas, e mesmo un submarino.

O Hodor, primeiro buque de apoio a megaiates construído en España, chegou procedente do porto italiano de Xénova, país de orixe do seu propietario, o billonario Lorenzo Fertitta. Esta embarcación, de deseño ultramoderno, está atracado en Bouzas onde acapara todas as miradas

Ese megaiate foi botado no mes de marzo, e nos próximos días trasladarase ao varadoiro vigués de Armón, onde se someterá a algúns axustes.   


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019