CRTVG

Buscar

Un Aboubacar maxistral lidera o triunfo do Breogán diante do Palencia (84-76)

Publicado o 28/02/2021 14:34

Gran partido de Seydou Aboubacar, que liderou o triunfo do Leite Río Breogán sobre o Palencia (84-76). O pivote anotou 23 puntos e capturou 10 rebotes na mellor actuación da temporada. 

O resultado non reflicte o que aconteceu sobre a pista. O dominio de Breogán foi total. Deseguida colleron máis de dez puntos de vantaxe (17-3) ata o 30-13 do primeiro cuarto. No segundo o Palencia tivo unha tímida reacción pero Breogán machacou dende o exterior e case deixou sentenciado o partido con 48-28. 

No terceiro cuarto continuou o recital breoganista con diferenzas que se achegaron aos trinta puntos (+24 ao final do período). O Palencia aproveitou o último cuarto para maquillar o resultado e acabou cunha tripla que deixou o 84-76 definitivo. 

O Breogán pasará á seguinte fase con 7 vitorias e só 1 derrota deixando moi tocado o Palencia, que tamén entra na pelexa polo ascenso nesa segunda fase. 

Noticias web

28/02/2021