CRTVG

Buscar

Un matrimonio de Bueu, ferido con queimaduras nun accidente doméstico

Publicado o 16/11/2019 20:38
Un matrimonio de Bueu, ferido con queimaduras nun accidente doméstico

Un matrimonio resultou ferido por queimaduras despois de que prendera lume a prancha portátil que estaban manipulando no interior da súa vivenda na parroquia de Cela. Ao parecer, estaban empregando un líquido acelerador para cociñar e o bote comezou a arder.

As lapas alcanzaron primeiro a muller, de 34 anos, que ten queimaduras en cara e mans, e despois o home, de 42, que resultou ferido ao tratar de socorrer a súa parella. Os dous foron trasladados en ambulancia ao hospital Montecelo. Contra as sete da tarde fontes hospitalarias informaron a familia de que os levaban ao centro de referencia, neste caso o hospital universitario da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019