CRTVG

Buscar

Un matrimonio coruñés fai quendas para saír da casa por medo a que lles ocupen a vivenda

Publicado o 08/01/2021 13:02

Xenaro Amor e a súa muller levan desde o mes de marzo pasado sen sair xuntos á rúa. Temen que uns okupas que entraron xa en dúas vivendas no seu edifico da rúa Uruguai da Coruña se lles metan tamén na súa casa, polo que non a deixan baleira en ningún momento. A súa situación, din, é xa insostible

 "O portal está aberto, non temos defensa ningunha e aquí vese que soben e baixan certo tipo de persoas que xa os temos que botar fóra ou chamar á policía e non é nada agradable atoparse con ninguén polas escaleiras para enriba e para abaixo...Entón cando a muller sae á compra ou a calquera cousa eu quedo e á inversa", di o inquilino afectado.

O matrimonio leva máis de 40 anos vivindo no edificio en rexime de alugueiro. Agora cren que á inmobiliaria que se fixo co inmoble non lle interesa facer nada para poder declarala como ruína.

 

Noticias web

08/01/2021