CRTVG

Buscar

Un incendio deixa sen vivenda dúas familias en Ourense

Publicado o 11/11/2019 20:56

Unha densa fumareda alertaba os veciños da zona da Lonia contra as tres da tarde. O lume comezou nunha vivenda en que reside un matrimonio que ten varios animais e estendeuse a través da cuberta a casa lindeira.

A propietaria da vivenda en que comezou o lume foi trasladada o Complexo Hospitalario por unha crise de ansiedade. No interior da casa había varios animais de compañía. Só puideron rescatar un gato. As características do inmoble, con moitos elementos de madeira, dificultaron as tarefas de extinción.

Polo momento descoñécese a orixe do lume. O estado do inmoble impide entrar nel. Dende o Concello de Ourense realoxaron unha das familias afectadas nun hotel.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019