CRTVG

Buscar

Un laboratorio compostelán recibe o prestixioso premio Idermo pola súa cosmética

Publicado o 16/07/2020 16:49

O ozono, ese é o principal compoñente dos productos dermatolóxicos que elabora un pequeno laboratorio de Santiago.

Nos seus tres anos de vida xa obtivo varios galardóns e os seus aceites e cremas están conseguindo colocarse entre os máis destacados do sector. O último e prestixioso premio Idermo acaba de darllo un xurado formado por farmacéuticos de todo o país.

O seu produto estrela e premiado son os aceites ozonizados indicados para moitos tipos de alteracións cutáneas.

Nestes laboratorios con sede en Compostela traballan unhas vinte persoas e distribúen os seus produtos maioritariamente a farmacias de toda España, aínda que tamén exportan a Estados Unidos e Portugal.

Noticias web

16/07/2020