CRTVG

Buscar

Un kamikaze provoca un accidente en Alacante no que morren os dous condutores

Publicado o 14/12/2019 15:12

Novo accidente mortal cun vehículo en dirección contraria como protagonista. A xulgar polo estado no que quedaron os vehículos a colisión frontal foi fortísima. Aconteceu a primeira hora da mañá na autoestrada A-7, á altura da localidade alacantina de Tibi. Un kamikaze impacta frontalmente contra outro vehículo. Os dous condutores, de 35 e 40 anos, faleceron no acto. Un terceiro automóbil non puido evitar chocar contra eles. Os seus dous ocupantes están feridos leves. Segundo unha testemuña, o kamikaze circulaba por riba dos 150 quilómetros por hora, un extremo que trata de confirmar a Garda Civil de Tráfico. Está tamén investigando se o responsable do sinistro ía en dirección contraria de forma voluntaria ou se foi un despiste ao acceder á vía.

Noticias web

14/12/2019