CRTVG

Buscar

Un informe reflicte ata 11 irregularidadades en contratos das obras do AVE a Galicia entre os anos 14 e 17

Publicado o 23/01/2020 13:31
Un informe reflicte ata 11 irregularidadades en contratos das obras do AVE a Galicia entre os anos 14 e 17

Un informe do Tribunal de Contas reflicte ata 11 irregularidadades en contratos vencellados ás obras do AVE a Galicia.

18 deses contratos sufriron algunha paralización entre os anos 2014 e 2017, o que motivou que a execución orzamentaria dos traballos non chegase ao 50 por cento do investimento previsto.

No seu escrito de alegacións ao tribunal, a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor, responsabiliza dos atrasos nas obras o seu antecesor, José Blanco, por subscribir un acordo de non dispoñibilidade orzamentaria que obrigou a reprogramar obras que xa se estaban a executar.

 

Noticias web

23/01/2020