CRTVG

Buscar

Un incendio xa controlado en Crecente obriga a cortar a liña ferroviaria entre Vigo e Ourense

Publicado o 31/08/2020 16:48
Un incendio xa controlado en Crecente obriga a cortar a liña ferroviaria entre Vigo e Ourense

Un conato de incendio orixinado este luns en Crecente e que xa está controlado obrigou a cortar a liña ferroviaria que circula entre Vigo e Ourense, co obxectivo de permitir o traballo dos servizos de extinción.

Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural, trátase dun pequeno incendio iniciado ás 14,40 horas na parroquia de Filgueira e que afecta a menos dunha hectárea, de acordo coas primeiras estimacións. No lugar traballaron atao momento tres axentes, oito brigadas, catro motobombas, dous avións e dous helicópteros. En canto á vía ferroviaria, a circulación permanece interrompida no tramo que vai desde Arbo (Pontevedra) ata Ribadavia (Ourense) desde as 15,17 horas, segundo indican a  fontes de Renfe.

En concreto, hai dous servizos afectados: o tren da liña Vigo-Ponferrada, con 19 pasaxeiros que serán trasladados desde Arbo até Ponferrada por estrada; e o Alvia que vai desde Pontevedra ata Madrid, con 136 usuarios que serán desviados a Santiago para retomar a viaxe cara á capital española.