CRTVG

Buscar

Un incendio nun garaxe en Carral obriga a desaloxar 23 familias

Publicado o 05/08/2019 13:50

Os veciños deste edifico de Carral levaron un bo susto esta madrugada. Contra as dúas, un mozo alertaba de que saía moito fume do garaxe situado no baixo do inmoble. Tras avisar a Emerxencias, desprazáronse ata o lugar unha patrulla da Garda Civil, unha ambulancia medicalizada e os bombeiros de Arteixo.

A virulencia das lapas e o fume obrigaron a desaloxar 23 familias, que non puideron volver aos seus domicilios ata cerca das seis e media da mañá. Esta mañá, aínda co susto no corpo, contábannos como viviron esas horas.

Polo momento descoñécese como puido orixinarse o lume. A Garda Civil xa abriu unha investigación para tentar determinar as causas.

Noticias web

05/08/2019