CRTVG

Buscar

Un incendio forestal permanece activo en Chandrexa de Queixa e xa queimou 20 hectáreas

Publicado o 04/01/2019 20:01
Un incendio forestal permanece activo en Chandrexa de Queixa e xa queimou 20 hectáreas

Un incendio forestal permanece activo desde o mediodía deste venres na parroquia de Requeixo, situada no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ás 14,31 horas en dous focos simultáneos de difícil acceso. A superficie afectada supera xa as 20 hectáreas. Nas tarefas de control participan dous axentes, seis brigadas e medios aéreos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019